O Festival de Europa Libre (en inglés Free European Song Contest) é un festival da canción televisado, creado en 2020 por Stefan Raab e organizado pola canle de televisión alemá ProSieben e pola produtora Brainpool (despois da cancelación de Eurovisión 2020 pola pandemia da COVID-19 en Europa). O festival será de carácter anual como Eurovisión, despois do éxito da primeira edición.
Regras As regras son as mesmas que en Eurovisión. A única diferenza é que os artistas deben ter algunha relación coa cultura alemá (semellante ao Festival de Turkvisión onde tes que ser un país turco ou unha rexión de fala turca). Países participantes Poden participar calquera dos países participantes en Eurovisión. Polo momento, 16 países participaron no festival.
Alemaña Austria Bulgaria Croacia Dinamarca España Irlanda Israel Italia Kazakhstán A Lúa Países Baixos Polonia Reino Unido Suíza Turquía
Galicia en Eurovisión Polo momento, ningún galego participou no Festival da Canción de Europa Libre. Gañadores O único gañador é Nico Santos que representou a España coa súa canción «Like I Love You» na primeira edición. Seguido por Ilse DeLange de Países Baixos e pola Lúa grazas a Max Mutzke como Der Astronaut (en galego o Astronauta).
AnoPaísCanciónIntérpreteEdición2020EspañaLike I Love YouNico SantosFreeESC 2020 Países gañadores O único país gañador é España grazas a Nico Santos na primeira edición. Seguido polos Países Baixos e pola Lúa.
VitoriasPaísAno/s1 España2020
Véxase tamén Outros artigos
Festival de Eurovisión Bundesvision Song Contest (en galego: Festival da Canción de Bundevisión)
Ligazóns externas Free European Song Contest no IMDb Web oficial do Festival de Eurovisión Páxina oficial de ProSieben (en alemá) Páxina oficial de Brainpool (en alemá)
Categoría:Premios e festivais de televisión