Marita Iglesias Padrón, nada o 31 de agosto de 1958 en Ourense e finada o 13 de agosto de 2013, foi unha política, formadora e experta galega en temas de violencia, xénero e diversidade funcional. Afectada pola poliomielite cando tiña 12 anos, centrou a súa actividade en acadar equidade e igualdade de oportunidades para persoas con diferentes graos de dependencia. Foi candidata de Alternativa Galega de Esquerda e afiliada de EQUO Galicia nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 2013 Categoría:Políticos de Equo