Rainer Albert, nado o 4 de xullo de 1949 en Ludwigshafen, Renania-Palatinado, é un numismático alemán."Eligius-Preis 2019 für Dr. Rainer Albert". En Muenzen-Online.com. 30 de abril de 2019.Raff, Albert. "Eligiuspreis 2019: Rainer Albert". Sitio web da DNG."Rainer Albert. Vita". Battenberg gietl verlag.

Traxectoria Rainer Albert estudou Historia e Alemán, na Universidade de Mannheim, onde en 1980 acadou o doutoramento cunha tese sobre a representación de Augusto nas moedas imperiais romanas, dirixida por Heinrich Chantraine e titulada Das Bild des Augustus auf den frühen Reichsprägungen. Studien zur Vergöttlichung des ersten Prinzeps.

Desde 1976 ata a súa xubilación en 2012, Albert foi profesor de Alemán e de Historia nunha escola pública da localidade de Speyer, na que ocupou o posto de xefe de estudos. Durante o exercicio do seu labor docente en Speyer, entre 1980 e 1988 puido aplicar os seus coñecementos para a construción da biblioteca numismática pública da localidade.

Albert foi o presidente da Sociedade Numismática de Speyer desde 1988. Tamén presidiu a Sociedade Numismática Alemá entre 1989 e 1995. En 1996 foi nomeado editor xefe da revista Numismatisches Nachrichtenblatts (NNB), na que xa colaboraba como redactor desde 1977. Desde a súa xubilación en 2012 tamén é o editor xefe da revista Münzen Revue.

Na súa época á fronte da Sociedade Numismática Alemá, foi o seu representante na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.

Recoñecementos (2003): Cruz Federal ao Mérito, con cinta. (2004): Premio Vreneli, da Feira Mundial do Diñeiro."Rainer Albert erhält Vreneli-Preis". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 4/2004. Páxinas 1958-160. (2016): Presidente honorario da Sociedade Numismática de Speyer. (2019): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.

Publicacións Rainer Albert é autor de numerosos artigos en revistas numismáticas, particularmente centrados na medalla e na moeda da Antiga Roma. Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Reiner Albert ao longo da súa traxectoria:"Albert, Rainer". WorldCat Identities.

(1981). Das Bild des Augustus auf den frühen Reichsprägungen. Studien zur Vergöttlichung des ersten Princeps. Numismatische Gesellschaft Speyer, Speyer. (1985). Herrscherporträts in der Numismatik. Festschrift zum Deutschen Numismatiker-Tag Speyer 1985 (ed.). Numismatische Gesellschaft Speyer, Speyer. (1995). Wissenschaftsgeschichte der Numismatik. Beiträge zum 17. Deutschen Numismatikertag 3.-5. März 1995 in Hannover (ed. con R. Cunz). Numismatische Gesellschaft Speyer, Speyer. (2003). Die Münzen der Römischen Republik. Von den Anfängen bis zur Schlacht von Actium. Battenberg, Múnic. ISBN 3-924861-76-5 [2ª edición en 2011]

Notas

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Ludwigshafen Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Coleccionistas Categoría:Profesores de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Mannheim Categoría:Personalidades sen imaxes