Ernst Leopold Christian Mielck, nado o 24 de outubro de 1877 en Viipuri (Gran Ducado de Finlandia) e finado o 22 de outubro de 1899 en Lorcano (Suíza), foi un compositor e pianista finlandés.
Traxectoria Ernst Leopold Christian Mielck naceu en Viipuri (actualmente en Rusia e denominada Vyborg) no daquela Gran Ducado de Finlandia, un territorio autónomo dentro do Imperio Ruso, o 24 de outubro de 1877. Mielck foi o primeiro filho do cónsul e empresario Theodor Mielck e a súa dona Irene (de solteira Fabritius). Seu pai era un músico afeccionado coñecido nos ambientes culturais de Viipuri e ao que lle gustaba participar nos eventos musicais da súa cidade como barítono, afección que compartía coa súa muller, procedente dunha familia musical de Viipuri. O matrimonio tivo outro fillo varón, Edoard Mielck, que se convertería en arquitecto, e unha filla, Edda Adelaide Mielck, que sería cantante de ópera.
A infancia e adolescencia de Ernst Mielck estiveron marcadas pola súa fráxil saúde.
Mielck trasladouse a Alemaña, onde tería sido o alumno favorito de Max Bruch.
En decembro de 1898 Mielck viviu o punto culminante da súa carreira cando tocou o piano como solista coa Berliner Philharmoniker interpretando a súa propia obra Konzertstück. Con todo, a súa carreira viuse interrompida a causa da súa fráxil saúde que empeorou na primavera de 1899. A pesar do seu traslado a Suíza na procura dun clima máis suave, Mielck xa non se recuperou e morreu de tuberculose o 22 de outubro dese mesmo ano, tan só dous días antes do seu 22º aniversario.
Notas
Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Compositores de Finlandia Categoría:Finados por tuberculose