miniatura|Dardo nunha diana Os dardos son un deporte competitivo que se practica individualmente ou por equipos, e que consiste en lanzar coa man tres dardos alternativamente cada xogador a unha diana ata completaren unha puntuación determinada ou alcanzar uns sectores determinados unha serie de veces tamén determinada, segundo a variante do xogo.
Ademais dun deporte profesional, os dardos son un xogo de pub tradicional.
Historia A primeira vez que se mencionan os dardos nos libros de historia foi en 1314. Entre batallas, os soldados, aburridos, buscaban outras ocupacións, unha das cales era competir entre eles lanzando paus ou outros materiais punzantes ás tapas dos bocois de viño. Posteriormente empregaron a sección dun tronco de árbore colgado entre unhas pólas. Os mesmos círculos concéntricos da madeira servían definir as diferentes puntuacións. Durante moito tempo foi considerado un deporte practicado polos militares. Era moi apreciado porque mantiña a puntería dos soldados, adestrando o lanzamento de armas lixeiras contra o inimigo.
Os primeiros dardos fabricados especificamente para o xogo fabricábanse en madeira sólida, rodeada cunha tira de chumbo e con plumas de pavo. Estes dardos producíanse principalmente en Francia.
A puntuación estándar da diana atribúese a un carpinteiro de Lancashire chamado Brian Gamlin, que a desenvolveu en 1896 para penalizar a inexactitude,Darts History - Darts Info World aínda que a historia é discutida.
Tipos de dardos De punta de aceiro: empréganse para xogar na diana tradicional, que antigamente estaban fabricadas con pelo de camelo e na actualidade son de sisal prensado. O seu peso varía dende os 19 ata os 28 gramos. De plástico ou electrónicos: son dardos máis lixeiros, axeitados para dianas electrónicas. O motivo de que sexan máis lixeiros é para evitar un excesivo desgaste da diana. Os máis comúns adoitan pesar entre 16 e 18 gramos, aínda que algúns, pouco utilizados, poden pesar menos. Diferéncianse por levaren a punta de plástico. De cerbatana: os dardos son moi pequenos (da orde de 2 centímetros) e a distancia á diana é maior.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Professional Darts Corporation World Darts Federation
Categoría:Deportes