Paula Dapena Sánchez, nada en Pontevedra o 26 de novembro de 1996, é unha futbolista galega. Xoga de centrocampista.

Traxectoria Técnica en actividades físico deportivas, estudou Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo. Comezou a xogar en 2012 no Atlético Arousana. En 2014 fichou polo Sárdoma CF, e en 2016 polo Umia FC. No ano 2020 fichou polo Viajes Interrías FF, de Portonovo (Sanxenxo), que xoga no grupo 1A da Primeira Nacional.

En novembro de 2020, nun partido amigable entre o seu equipo e o Deportivo da Coruña en Abegondo, negouse a homenaxear a Diego Armando Maradona, que falecera esa mesma semana. A orixe da súa negativa foi a consideración de que o chamamento á homenaxe se facía a un futbolista con comportamentos machistas e que, como tal, non debía recibir as homenaxes que non obtiveran as vítimas do machismo. Recoñecementos

Foi galardoada co Premio Cidade de Pontevedra 2020

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo