Andrew Boylan, C.SS.R., nado o 1 de agosto de 1842 no condado de Cavan (Irlanda) e finado o 27 de marzo de 1910, foi un relixioso redentorista católico latino irlandés, bispo de Kilmore dende 1907 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu o 1 de agosto de 1842 en Tonylion ou en Kilnalec, localidades da parroquia de Crosserlough, ou na parroquia de Kilmore; as dúas parroquias no condado de Cavan. O 31 de marzo de 1867 foi ordenado sacerdote diocesano, e durante algúns anos foi ecónomo do seminario de Maynooth. O 15 de outubro de 1888 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor en Dundalk.
En 1898 foi nomeado primeiro superior da nova provincia de Irlanda dos redentoristas. En 1906 dirixiu a fundación da primeira casa dos redentoristas en Filipinas, na cidade de Opon.
En 1907 foi nomeado bispo de Kilmore. Recibiu a consagración episcopal o 19 de maio do mesmo ano, de mans do cardeal e arcebispo de Armagh Michael Logue, e tendo como co-consagradores principais ao bispo de Ardagh Joseph Hoare e ao bispo de Down e Connor Henry Henry. Finou no cargo o 25 de marzo de 1910.
Notas
Categoría:Nados en 1842 Categoría:Nados no condado de Cavan Categoría:Relixiosos católicos de Irlanda Categoría:Redentoristas Categoría:Bispos católicos de Irlanda Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Finados en 1910