O castelán panameño é a variedade da lingua castelá ou español falado en Panamá. Corresponde a unha variedade local do castelán caribeño. Por mor da influencia cultural e da presenza dos Estados Unidos, o castelán panameño absorbeu moito vocabulario do inglés. Por outra banda, a inmigración de cidadáns de territorios do Caribe de fala inglesa (Xamaica, Trinidad e Tobago, Barbados, etc), durante o século XIX ás provincias de Bocas del Toro e Colón contribuíu nesta influencia. É falado por 4,1 millóns de persoas (2018).

O francés tamén tivo unha lixeira influencia no castelán panameño. As colonias hebreas, árabes, italianas, hindis, chinesas e gregas influíron en menor grao no castelán panameño, ao igual que os pobos indíxenas de Panamá.

A base léxica do castelá panameño é o castelán de España, mais moitas linguas contribuíron á conformación da variedade mediante préstamos. Algunhas linguas amerindias, outras africanas, a inglesa, a francesa, a italiana e a alemá son as que en maior ou menor medida deixaron a súa pegada no castelán panameño.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas de Panamá Bibliografía Alvarado de Ricord, Elsie: El español de Panamá; estudio fonético y fonológico. Panamá, 1971. Banse, Timoteo, Panamanian Spanish Slang: Words and Phrases . Giralt Latorre, Javier (1991): Algunos préstamos en el español de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante, 7, 137–158. Broce, Marlene e Torres Cacoullos, Rena (2002): Dialectología urbana rural: la estratificación social de (r) y (l) en Coclé, Panamá. Hispania, 85/2, 342–354. Quilis, Antonio e Graell Stanziola, M. (1992): La lengua española en Panamá. Revista de Filología Española, 72/3–4, 583–638.

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas de Panamá