Tumas Miram (en ; en ), nado o 6 de agosto de 1943 en Tal Kaif (Reino de Iraq), é un eclesiástico católico caldeo, dende 1983 arcebispo de Urmia e bispo de Salmas.

Traxectoria Naceu o 6 de agosto de 1943 en Tal Kaif, no Reino de Iraq, e parte da arquieparquía de Mosul dos caldeos. O 11 de xuño de 1967 foi ordenado sacerdote, e exerceu o seu ministerio inicialmente entre os asirios de Teherán.

Foi elixido arcebispo de Urmia e bispo de Salmas polo sínodo da Igrexa caldea o 30 de novembro de 1983. Recibiu a ordenación episcopal o 11 de marzo de 1984, de mans do arcebispo de Teherán Yuhana Siman Isai, e tivo como co-ordenantes ao arcebispo de Ahvaz Hana Sura e ao pro-nuncio apostólico para Irán Giovanni De Andrea.

As relacións do arcebispo co réxime iraniano teñen variado ao longo dos anos. En 1993 foi expulsado do país, xunto co bispo Hana Sura. Por outra parte, en 2008 afirmaba poder practicar a fe cristiá sen problemas, e desfrutaba dunha boa relación coas autoridades; ademais, na homilía do Nadal de 2014, deplorou os conflitos relixiosos nos países da rexión, facendo unha comparación coa "paz que as minorías relixiosas desfrutaban en Irán".

Participou no Primeiro Sínodo da Familia en outubro de 2014. En 2018 alcanzou a súa idade de xubilación (75 anos), permanecendo no cargo en espera do nomeamento dun sucesor. En agosto de 2021 foi nomeado administrador patriarcal da arquidiocese de Teherán.

Notas

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos de Irán Categoría:Arcebispos católicos de Iraq