O castelán riopratense é un dialecto do castelán falado na Arxentina e no Uruguai. O seu uso esténdese na zona da bacía do río da Prata, nunha ampla zona da Arxentina e na totalidade do Uruguai, alén doutras rexións achegadas. Centrada nas aglomeracións urbanas seguintes: Buenos Aires e a súa área metropolitana, Rosario, Montevideo, Santa Fe-Paraná, La Plata, Bahía Blanca e Mar del Plata, cada cidade co seu correspondente conurbano ou área metropolitana. Estes son os focos de poboación máis importantes da rexión, e esta variedade idiomática estende a súa influencia cultural a zonas xeograficamente distantes, sobre todo a través dos medios audiovisuais, nos que é a lingua estándar da Arxentina e o Uruguai.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Baquero Velásquez, Julia M. e Westphal Montt, Germán F. (2014) "Un análisis sincrónico del voseo verbal chileno y rioplatense.” Forma y Función, 27 (2), 11-40.
Categoría:Río da Prata Categoría:Dialectos da lingua castelá de América