A sociedade anónima pública Ilyushin Aviation Complex, que opera como "Ilyushin" (en ruso: Илью́шин) ou como "Ilyushin Design Bureau", é un fabricante ruso de aeronaves e oficina de deseño fundado en 1933 por Sergey Vladimirovich Ilyushin. A nomenclatura soviética/rusa identifica os avións de Ilyushin co prefixo "Il-" (en ruso: Ил-). Ilyushin ten a súa sede no distrito de Aeroport, en Moscova.
Produtos
Cazas
I-21 - 1936. Il-1 - prototipo, 1944.
Ataque ao chan
Il-2 Sturmovik - avión militar máis fabricado da historia, 1939. Il-8 - prototipo, 1943. Il-10 - 1944. Il-16 - prototipo desenvolvido a partir do Il-10, 1945. Il-20 (1948) - prototipo, 1948. Il-40 "Brawny" prototipo a reacción, 1953. Il-102 - reactor experimental, 1982. M Sh - proxecto, 1942
Bombardeiros
DB-3 - bombardeiro de longo alcance, 1935. Il-4 "Bob" bombardeiro/torpedeiro desenvolvido a partir do DB-3, 1939. DB-4 - bombardeiro de longo alcance, 1940. Il-6 - prototipo de bombardeiro de longo alcance desenvolvido a partir do Il-4, 1942. Il-22 - prototipo cuadrimotor a reacción, 1947. Il-28 "Beagle" e "Mascot" - bombardeiro medio, primeiro bimotor con posqueimador, 1948. Il-30 - prototipo de bombardeiro táctico con á en frecha desenvolvido a partir do Il-28, 1951. Il-46 - prototipo de bombardeiro a reacción desenvolvido a partir do Il-30, 1952. Il-54 "Blowlamp" - prototipo de bombardeiro supersónico, 1955.
Transporte
Il-12 "Coach" - transporte/cargueiro bimotor, 1945. Il-32 - prototipo de cargueiro planeador, 1948. Il-34 - variante motorizada do Il-32. Il-76 "Candid", avión de transporte estratéxico, o máis producido da súa clase, 1971. Il-78 "Midas" - variante de abastecemento en voo do Il-76, 1982. Il-82 - posto de mando aerotransportado desenvolvido a partir do Il-76. Il-106 - proposta de transporte militar pesado. Il-112 - prototipo de transporte militar lixeiro, 2019. Il-276 - transporte militar medio, antes designado Il-214. Il-476 - designación interna para o Il-76MD-90A.
Pasaxeiros
Il-14 "Crate" - transporte bimotor desenvolvido a partir do Il-12, 1950. Il-18 "Clam" (1946) - prototipo cuadrimotor, 1946. Il-18 "Coot" - avión de pasaxeiros turbohélice, un dos principais transportes do mundo durante décadas, 1957. Il-62 "Classic" - reactor de longo alcance, o avión de pasaxeiros máis grande no seu momento e o primeiro da súa categorñia en ser fabricado en masa, 1963. Il-86 "Camber" - reactor de fuselaxe ancha de alcance medio, 1976. Il-80 "Maxdome" - posto de mando aerotransportado desenvolvido a partir do Il-86, 1985. Il-87 "Aimak" - control aerotransportado baseado no Il-86. Il-96 - avión de fuselaxe ancha de longo alcance desenvolvido a partir do Il-86, 1988. Il-98 - variante de abastecemento aéreo do Il-96. Il-100 - avión lixeiro multipropósito. Il-108 - prototipo de reactor executivo, 1990. Il-114 - avión rexional, 1990.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas de Rusia