O Rally Mariña Lucense de 2020 foi a segunda edición de dito rally e a terceira e derradeira proba da tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse na Mariña de Lugo o 12 de decembro de 2020 e o vencedor foi o ruso Nikolay Gryazin a bordo dun Volkswagen Polo GTI R5.

Antecedentes e inscricións Trala suspensión da maioría de rallys por mor da pandemia por coronavirus, o Rally Mariña Lucense quedou como a terceira e derradeira proba do campionato. O rally chegou con polémica, debido a que o regulamento do campionato establece que se deben descartar dous resultados para obter a puntuación final, e, ao disputárense só tres probas, o vencedor do último rally sería o campión final independentemente do que sucedese nos dous rallys anteriores, debido ao maior coeficiente da proba lucense. A negativa a modificar o regulamento, a pesar de que estaba permitido facelo "por causas de forza maior", provocou o malestar de varios pilotos, entre eles os dous primeiros clasificados do certame, Víctor Senra e Alberto Otero, que anunciaron que non disputarían o rally.

Finalmente Senra acabou por inscribirse no rally, xunto a outros 74 pilotos, entre os que destacan as presenzas do ruso Nikolay Gryazin, piloto do Campionato do Mundo, cun Volkswagen Polo R5, Alberto Meira, Iago Caamaño ou o asturiano Daniel Alonso.

Itinerario TCNomeDistanciaHoraGañadorTempoLíderTC1O Vicedo11,10 km8:28 Nikolay Gryazin6:17.877 Nikolay GryazinTC2Xove10,21 km09:16 Nikolay Gryazin7:03.071TC3Cervo10 km09:54 Nikolay Gryazin6:01.289TC4O Vicedo11,10 km12:42 Nikolay Gryazin6:14.717TC5Xove10,21 km13:30 Nikolay Gryazin7:10.957TC6Cervo10 km14:08 Nikolay Gryazin6:10.257TC7O Vicedo11,10 km16:56 Nikolay Gryazin6:17.758TC8Xove10,21 km17:44 Víctor Senra7:33.333TC9Cervo10 km18:22 Víctor Senra6:32.919

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Nikolay Gryazin Konstantin AleksandrovVolkswagen Polo GTI R5Sports Racing Technologies59:29.5822 Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Yacar Racing1h00:26.0463 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team1h00:53.9244 Iago Caamaño Alberto RodríguezVolkswagen Polo GTI R5Escudería Lalín-Deza1h01:36.9625 Adrián Costas Néstor CasalMitsubishi Lancer Evo IXC.D. Motor Racing Cantabria1h04:20.0636 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezCitroën DS3 R5Galicia Motorsport1h04:22.9357 Daniel Alonso Rodrigo SanjuanFord Fiesta Rally2 R5Blendio1h05:37.1268 Tinín Iglesias Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing1h07:29.7939 José Manuel Lamela Daniel PérezCitroën Saxo VTSYacar Racing1h07:54.36210 Marcos Rodríguez Daniel RodríguezCitroën C2 GTSurco1h08:10.541

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Rally Mariña Lucense 2019 en ewrc.com .

Categoría:Rally Mariña Lucense Categoría:Tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally