Nina Nikolaevna Zimina, nada en Beloret o 11 de outubro de 1942 e finada na mesma cidade o 24 de xuño de 2014, foi unha poeta e tradutora de lingua rusa de Baxkortostán. Traxectoria Naceu na entón República Autónoma Socialista Soviética de Baskiria. Con seis anos pasou a polio e como resultado ao longo da súa vida padeceu dificultades para andar con liberdade. Logo de se graduar na escola local nº 15 traballou como axudante de laboratorio durante un ano e en 1961 ingresou na facultade de filoloxía rusa do Instituto de Pedagoxía de MagnitogorskУшла из жизни поэтесса Нина Зимина. Bashinform, 26 de xuño de 2014 .

Entre 1966 e 1976 ensinou lingua e literatura rusa nunha escola nocturna obreira da súa cidade natal e alí estivo involucrada na vida social e cultural, foi unha das fundadoras da asociación literaria Plavka e dirixiu a asociación cultural Chetver. En 1996 admitírona na Unión de Escritores da Federación Rusa e mais na da República de Baxkortostán. En 2011 logrou a distinción de "cidadá honoraria da cidade de Beloretsk"Видеосюжет о НИНЕ ЗИМИНОЙ - награждение званием Почетный гражданин, осень, 2011 год.

Literatura Nina comezou a escribir de nena e cando ía en noveno grao apareceu o seu primeiro poema publicado nun xornal local e escribiu ata o fin da súa vida. Moitos dos seus poemas publicáronse no xornal local, Beloretskii Rabochii e no Ural así como en numerosas colleitas de poesías. O primeiro libro publicouno en 1984 so o título de Raduga. O tema central da súa poesía é a meditación filosófica sobre o significado do amor e en xeral da vida "Zimina Nina Nikolaevna Башҡорт энциклопедияһы. Ademais de coleccións de poesías publicou libros de relatos, en Chistiie nebesa (2005) as súas historias teñen como eixo a Gran Guerra Patria. En 2003 publicou o libro autobiográfico Etiud v biryuzovom svete e tamén traduciu ao ruso diversos poetas bashkires. En 2007 por Raduga nad Agideliu gañou o premio a mellor libro baskir do anoNina Nikolaevna Zimina beloretsk.bashkortostan.ru.

Coleccións Raduga (1984), Nezavershennii krug (1990), Zhivu s lubovu (1991), Poslednii listok na tonenkoii vetke (1993), Stikhi v podarok liuvimomu (1993) Solnyshko nod vecher (2000) Belaia ptitsa schastia (2006)

Notas

Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en 1942 Categoría:Poetas de Rusia Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Tradutores ao ruso Categoría:Nados en Baxkortostán