O castelán nicaraguano é a variedade do castelán falado en Nicaragua. O castelán nicaraguano tamén é chamado a miúdo como nicañol. O castelán nicaraguano comparte moitos trazos comúns coas variedades veciñas da rexión, mais tamén conta con diferenzas de pronuncia e uso da lingua. É falado por 6,2 millóns de persoas (2018).

Nicaragua ten a porcentaxe máis alta entre tódolos países de América Central de uso de voseo, é dicir, o uso do pronome vos para a segunda persoa do singular, no canto do tú do castelán de España. Neste senso é semellante ao uso da lingua que se fai na Arxentina e no Uruguai, no coñecido como castelán riopratense. Vos é usado de maneira adoita en situacións familiares e coloquiais. O uso de "vos" pode escoitares en medios de comunicación e pode verse escrito en publicacións.

Na Rexión Autónoma do Atlántico Norte e na Rexión Autónoma do Atlántico Sur, a lingua e a pronuncia está fortemente influída polas linguas indíxenas e crioulas, como o miskito, o rama, o sumo, o inglés crioulo nicaraguano, o patois xamaicano, o garífuna e o crioulo de Rama Cay.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Castelán centroamericano

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas de Nicaragua