O primeiro Gran Premio de Hungría disputouse o 21 de xuño de 1936 sobre un circuíto trazado nun parque cerca do centro de Budapest. Os construtores Mercedes-Benz, Auto Union e Ferrari enviaron tres automóbiles cada un e o evento atraeu a unha gran multitude. Con todo, a política e a próxima segunda Guerra Mundial significaron o final das competicións automobilísticas por máis de cincuenta anos.

Historia O primeiro Gran Premio de Fórmula 1 a disputarse detrás do telón de ferro foi o Gran Premio de Hungría de 1986, no circuíto de Hungaroring, preto de Budapest. Esta carreira dispútase xeralmente a mediados do verán de Europa e ten a característica única que ata a data nunca choveu durante as competencias. Con todo, no Gran Premio do ano 2006, si choveu. Actualmente o Gran Premio de Hungría atrae afeccionados de diversos países da rexión que non teñen un Gran Premio local, por exemplo dos países escandinavos.

Debido á natureza da pista, estreita, sinuosa e frecuentemente empoeirada pola falta de uso, no Gran Premio de Hungría fórmanse xeralmente grupos de ata seis vehículos seguindo todos a outro un pouco máis lento ao que non é posible dobrar. En 1990 Ayrton Senna non puido adiantar aThierry Boutsen, malia semellar máis lento. Este é un dos circuítos onde a estratexia nos pits é máis crucial. O mellor exemplo diso viuse no Gran Premio de 1998 cando o equipo Ferrari de Michael Schumacher cambiou de estratexia a metade de carreira e logrou colocar o seu corredor en posición de gañar ao final das paradas. Os adiantamentos entre pilotos son raros neste circuíto, pero unha notable excepción foi cando Nigel Mansell en 1989 partindo da posición 12 adiantou coche por coche e terminou tomando a dianteira ao aproveitar que Ayrton Senna estaba atascado pasando a un corredor máis lento. En 2003 efectuáronse modificacións no circuíto nun intento de facilitar os adiantamentos.

Outros grandes momentos neste circuíto inclúen a primeira vitoria para Damon Hill (en 1993), e para Fernando Alonso (en 2003). En 2001, Michael Schumacher igualou neste circuíto a Alain Prost en número de vitorias.

En 2006, Jenson Button logrou a súa primeira vitoria en Fórmula 1, e Pedro de la Rosa o seu primeiro podio (2º posto). Esta carreira desenvolveuse por primeira vez en carreira de Fórmula 1 neste circuíto con choiva, e destacou por ser moi accidentada e polo seu gran número de abandonos, incluíndo os de Michael Schumacher e Fernando Alonso. Foi unha das máis emocionantes da tempada.

En 2007 Lewis Hamilton logrou a súa terceira vitoria despois de que a Fernando Alonso a FIA sancionáselle debido a unha obstaculización de boxes intencionada. Demostrouse que non foi intencionadamente e que Hamilton desobedeceu as ordes do muro. O 2º posto foi para Kimi Räikkönen e terceiro para Nick Heidfeld.

En 2008, Heikki Kovalainen conseguiu a súa primeira vitoria en Fórmula 1, logo da rotura de motor de Felipe Massa nas últimas voltas, acompañáronlle no podio, Glock que foi o seu primeiro podio en Fórmula 1 e Raikkonen. O poleman Lewis Hamilton finalizou quinto, detrás de Alonso que logrou un dos mellores resultados da tempada, por culpa dunha picada.

No Gran Premio de Hungría de 2013, confirmouse que Hungría seguirá sendo sede dunha carreira de Fórmula 1 ata 2022.

Patrocinadores 1988–1990: Pop 84 Magyar Nagydíj 1991–2005: Marlboro Magyar Nagydíj 2008–2009: ING Magyar Nagydíj 2010–2012: Eni Magyar Nagydíj 2014–2015, 2017: Pirelli Magyar Nagydíj 2018–2019, 2021: Rolex Magyar Nagydíj 2020: Aramco Magyar Nagydíj

Gañadores do Gran Premio de Hungría Pilotos gañadores múltiples

Só inclúe probas do Campionato do Mundo

Nº de vitorias Piloto Anos 8 Lewis Hamilton 2007, 2009, 2012, 2013, 2016, 2018, 2019, 2020 4 Michael Schumacher 1994, 1998, 2001, 2004 3 Ayrton Senna 1988, 1991, 1992 2 Nelson Piquet 1986, 1987 Damon Hill 1993, 1995 Jacques Villeneuve 1996, 1997 Mika Häkkinen 1999, 2000 Jenson Button 2006, 2011 Sebastian Vettel 2015, 2017 Max Verstappen 2022, 2023 Lando Norris 2025, 2026

Escudarias gañadoras

Os equipos en letra grosa compiten actualmente na Fórmula 1.

Nº de vitorias Construtor Anos 14 McLaren 1988, 1991, 1992, 1999, 2000, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011, 2012, 2024, 2025, 2026 7 Williams 1986, 1987, 1990, 1993, 1995, 1996, 1997 Ferrari 1989, 1998, 2001, 2002, 2004, 2015, 2017 5 Mercedes 2013, 2016, 2018, 2019, 2020 4 Red Bull 2010, 2014, 2022, 2023

Ano a ano

As carreiras que non forman parte do campionato de Fórmula 1 están sinaladas cun fondo de cor rosada.

Ano Piloto Construtor Localización Resultados Lando Norris McLaren-Mercedes Hungaroring Resultados Lando Norris McLaren-Mercedes Resultados Oscar Piastri McLaren-Mercedes Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Resultados Max Verstappen Red Bull-RBPT Resultados Esteban Ocon Alpine - Renault Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Sebastian Vettel Ferrari Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Sebastian Vettel Ferrari Resultados Daniel Ricciardo Red Bull-Renault Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados Jenson Button McLaren-Mercedes Resultados Mark Webber Red Bull-Renault Resultados Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes Resultados Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados Jenson Button Honda Resultados Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Fernando Alonso Renault Resultados Rubens Barrichello Ferrari Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados Damon Hill Williams-Renault Resultados Michael Schumacher Benetton-Ford Resultados Damon Hill Williams-Renault Resultados Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados Thierry Boutsen Williams-Renault Resultados Nigel Mansell Ferrari Resultados Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados Nelson Piquet Williams-Honda Resultados Nelson Piquet Williams-Honda Resultados 1985–1937 Non celebrado 1936 Tazio Nuvolari Alfa Romeo Népliget Resultados

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Hungría