The Umbrella Academy é unha serie de televisión estadounidense baseada na banda deseñada homónima escrita por Gerard Way. Creada para Netflix por Steve Blackman e desenvolvida por Jeremy Slater, conta a historia dunha familia disfuncional de irmáns adoptados con superpoderes que se reúnen para resolver o misterio sobre a morte do seu pai ao tempo que teñen que impedir a apocalipse. A serie está producida por Borderline Entertainment, Dark Horse Entertainment e Universal Cable Productions.
O elenco está composto por Elliot Page, Tom Hopper, David Castañeda, Emmy Raver-Lampman, Robert Sheehan, Aidan Gallagher, Cameron Britton, Mary J. Blige, John Magaro, Adam Godley, Colm Feore, Justin H. Min, Ritu Arya, Yusuf Gatewood, Marin Ireland e Kate Walsh. Inicialmente, a adaptación da banda deseñada por Universal Pictures, mais o proxecto converteuse nunha serie de televisión en 2015, antes de obter a luz verde de Netflix en xullo de 2017. A serie foi rodada en Toronto e Hamilton, no Canadá.
A primeira tempada estreouse en Netflix o 15 de febreiro de 2019. En abril de 2019, Netflix declarou que 45 millóns de fogares viron a primeira tempada durante o primeiro mes logo da estrea. Ese mesmo mes, a serie foi renovada para unha segunda tempada, a cal se estreou o 31 de xullo de 2020. Ámbalas dúas tempadas recibiron valoracións positivas por parte da crítica. En novembro de 2020, a serie foi renovada para unha terceira tempada.
Personaxes Elliot Page como Vanya Hargreeves Tom Hopper como Luther Hargreeves David Castañeda como Diego Hargreeves Emmy Raver-Lampman como Allison Hargreeves Robert Sheehan como Klaus Hargreeves Aidan Gallagher como Five Hargreeves Mary J. Blige como Cha-Cha (tempada 1) Cameron Britton como Hazel (tempada 1; convidado na tempada 2) John Magaro como Leonard Peabody / Harold Jenkins (tempada 1) Adam Godley e Ken Hall como Pogo (tempada 1; convidado na tempada 2) Colm Feore como Sir Reginald Hargreeves Justin H. Min como Ben Hargreeves Ritu Arya como Lila Pitts (tempada 2) Yusuf Gatewood como Raymond Chestnut (tempada 2) Marin Ireland como Sissy Cooper (tempada 2) Kate Walsh como The Handler
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019