Adeodato I ou Deusdado I (en , "dado por Deus") foi o papa n.º 68 da Igrexa católica entre 615 e 618.

Traxectoria Naceu en Roma, entón parte do Imperio Romano de Oriente, fillo dun subdiácono chamado Estevo. Foi elixido papa polo clero romano o 19 de outubro de 615, tras corenta anos de sacerdocio, seis meses despois do pasamento de Bonifacio IV. Foi o primeiro papa non monxe dende Xoán II. Distinguiuse polo seu celo e pola súa caridade, e cando a lepra bateu na cidade distinguiuse polos seus esforzos en coidar aos enfermos. Foi tamén coñecido por ser taumaturgo, pois seica curaba distintos tipos de enfermidades apoiando os beizos nas feridas dos enfermos.

Segundo a tradición, foi o primeiro papa en usar o selo papal (bulla) nos documentos pontificios. No seu selo aparece o Bo Pastor rodeado das súas ovellas coas letras alfa e omega no fondo, e o lema Deusdedit Papæ. Finou en Roma o 8 de novembro de 618.

Foi canonizado pola Igrexa católica, que celebra a súa festa o 8 de novembro. No Martiroloxio Romano é lembrado deste xeito:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Santopedia.com Perfil en SantieBeati.it Perfil en CatholicSaints.info

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Papas Categoría:Finados en 618 Categoría:Nados en Roma