Na física de partículas, os quarks son fermións de spin 1/2 que forman xunto ós leptóns a materia visible. Tipos Hai seis tipos ou "sabores" distintos de quarks que os físicos nomearon do seguinte xeito: "up" (arriba), "down" (abaixo), "charm" (encantado), "strange" (estraño), "top" (cume) e "bottom" (fondo), ademais dos correspondentes antiquarks.

É un tipo de partícula elemental, que compoñen outras partículas subatómicas, coma o protón e o neutrón, e que non existen de maneira illada.

Os quarks non se atopan ceibes na natureza senón formando hadróns, estes divídense en dous tipos: mesóns : formados por un quark e un antiquark (pións, kaóns, ...) barións : formados por tres quarks (protóns, neutróns, ...)

Amais dunha carga eléctrica fraccionaria de -1/3 ou +2/3, os quarks teñen outra carga de cor, que non ten nada que ver coa cor real destas partículas, e que mantén unidos aos quarks a través da forza forte, ademais de se-la responsable da formación destes hadróns. Esta interacción está descrita pola cromodinámica cuántica (QCD). Hai tres tipos de carga de cor: vermella, azul e verde. Os antiquarks presentan ademais cargas opostas, antivermella, antiazul e antiverde. Os quarks permanecen unidos entre si grazas ao intercambio de partículas virtuais mediadoras da interacción fuerte: os gluóns.

Xunto aos leptóns, os quarks forman case toda a materia que temos ao noso redor, en concreto os dous primeiros quarks, xa que son os que forman os protóns e os neutróns que á súa vez forman os núcleos atómicos.

O termo quark, que en realidade non ten significado ningún, é obra de Murray Gell-Mann, traballando entón no Instituto Tecnolóxico de California, sacado dunha novela de James Joyce, Finegan's wake, máis concretamente do verso Three Quarks for Mr. Mark.

Propiedades dos Quarks A seguinte táboa é un resumo dos seis quarks coñecidos:

{| border="1" cellspacing="0" cellpadding="5" |- style="background-color: #aaeecc " ! Xeración || IsospinDébil || Sabor || Nome || Símbolo || Carga / e || Masa / MeV.c-2 |- | 1 || + 1/2 || Iz=+1/2 || Up || u || + 2/3 || 1.5 - 4.0 |- | 1 || − 1/2 || Iz=−1/2 || Down || d || − 1/3 || 4 - 8 |- | 2 || − 1/2 || S=−1 || Strange || s || − 1/3 || 80 - 130 |- | 2 || + 1/2 || C=1 || Charm || c || + 2/3 || 1150 - 1350 |- | 3 || − 1/2 || B′=−1 || Bottom || b || − 1/3|| 4100 - 4400 |- | 3 || + 1/2||T=1 || Top || t || + 2/3 || 172500 ± 2300 |} Masas do quark top tomadas de Tevatron Electroweak Working Group Outras masas dos quarks tomadas de Particle Data Group. OS números cuánticos dos quarks top e bottom aparecen ás veces coma "truth" (verdade) e "beauty" (beleza)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Antiquark Física de partículas

Ligazóns externas

Particle Data Group (en inglés) La Aventura de las Partículas (en castelán)

Categoría:Partículas elementais