Teobaldo VI de Blois, finado en 1218, foi conde de Blois e Clermont-en-Beauvaisis entre 1205 e 1218. Traxectoria Orixes familiares Era fillo de Lois I de Blois e Catarina de Clermont.
Matrimonio e descendencia Teobaldo casou dúas veces: con Maud de Alençon e con Clemencia de Roches, pero non tivo fillos. Biografía Teobaldo loitou contra os sarracenos en Castela. Durante a campaña contraeu a lepra e volveu á casa. Despois viviu retirado no seu castelo de La Ferté-Villeneuil durante uns anos ata a súa morte en 1218, deixando os seus bens ás súas tías Margarida de Blois e Isabel de Blois. A parte norte de Blois foi erixida no condado de Chartres para Isabel, mentres Margarida recibiu o resto do condado de Blois e vendeu o condado de Clermont á coroa antes de morrer. Véxase tamén
Categoría:Condes de Blois Categoría:Finados en 1218 Categoría:Condes de Clermont-en-Beauvaisis Categoría:Finados por lepra