O Museokeskus Vapriikki ou simplemente Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki) é un grupo de museos que operan nas instalacións da antiga fábrica de Tampella, no barrio homónimo á beira do Tammerkoski, en Tampere, Finlandia. O centro abriu as súas portas ao público en 1996.

Vapriikki toma o seu nome da palabra sueca para fábrica, fabrik. Está situado no antigo taller da fábrica de Tampella, cuxas partes máis antigas se construíron na década de 1880. A metade dos aproximadamente 14 000 metros cadrados de Vapriikki están reservados para exposicións e espazos públicos, mentres que o resto son empregados para outras actividades do Centro, como investigación e traballos arqueolóxicos.

Vapriikki foi elixido como o "Museo do Século" na Gala de Cultura do Século o 18 de outubro de 2017, que foi parte do programa do centenario de Finlandia.

Museos miniatura|Un guerreiro de terracota en Vapriikki en 2013. O Centro está integrado polo Museo do Correo (Postimuseo), o Museo de Historia Natural de Tampere (Tampereen luonnontieteellinen museo), o Museo de Minerais (Kivimuseo), Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Suomen Jääkiekkomuseo), Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación (Mediamuseo Rupriikki), o Museo Finlandés dos Xogos (Suomen pelimuseo) e a exposición permanente Finlayson 200.

No Centro tamén operaron con anterioridade o Museo de Arte Contemporánea de Tampere (Tampereen nykytaiteen museo), o Museo do Calzado (Kenkämuseo) e o Museo de Bonecas (Nukkemuseo). Tamén acolle exposicións temporais, algunhas delas internacionais.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do Museokeskus Vapriikki Arquivo fotográfico da batalla de Tampere no Museokeskus Vapriikki