Pterocladia é un xénero de algas do filo das rodófitas, clase das florideofíceas, subclase das rodimeniofícidas, e orde das xelidiales, que o tipo da familia das pterocladiáceas.Pterocladia J.Agardh, 1851 no WoRMS. Consultada o 18 de febreiro de 2021.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1851 polo botánico sueco, especializado en ficoloxía, Jacob Georg Agardh, na súa obra Species genera et ordines algarum, seu descriptiones succinctae specierum, generum et ordinum, quibus algarum regnum constituitur. Volumen secundum: algas florideas complectens. Part 1. pp. [i]-xii, -336 + 337-351[Addenda and Indices]. Lundae: C. W. K. Gleerup.Pterocladia J.Agardh, 1851 en AlgaeBase.
Sinónimo Ademais de polo protónimo cuñado por Agardh, que é o nome válido na actualidade (2021), o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Pterocladiastrum Akatsuka, 1986
Especies Na actualixdade no xénero recoñécense as seguintes catro especies: Pterocladia heteroplatos (Børgesen) Umamaheswara Rao & Kaliaperumal, 1982 Pterocladia kanyakumariensis P.Sindhu & M.V.N.Panikkar, 1995 Pterocladia lucida (R.Brown ex Turner) J.Agardh, 1851 Pterocladia sonorensis (E.Y.Dawson) J.G.Stewart & J.N.Norris, 2014
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2017): Pterocladia en AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 18 de febreiro de 2021.
Outros artigos Gelidiales Pterocladiáceas
Categoría:Algas vermellas