Judy Shanaberger Sullivan, nada en 1943, é unha enxeñeira biomédica que traballou para a NASA durante as misións Apolo 11, Apolo 10, Apolo 9, Apolo 8 e Gemini 12. Para as misións Apolo 9 e Apolo 11, foi enxeñeira biomédica. Foi a única muller no seu departamento e unha das poucas mulleres que traballaban para a NASA nun posto técnico nesa época. Foi a primeira muller enxeñeira contratada pola NASA para as probas de naves espaciais.

Traxectoria Sullivan (entón Shanaberger) asistiu á Universidade Estatal de Jacksonville en Alabama, sendo a mellor estudante da súa clase de secundaria, tamén en Alabama. Licenciouse en bioloxía e especializouse en química e matemáticas. Decidiu que quería estudar matemáticas e ciencias despois de escoitar un discurso do presidente John F. Kennedy no que alentou a máis escolares a estudar enxeñaría, ciencias e matemáticas. Sullivan graduouse no segundo lugar da súa clase na universidade. Despois de graduarse da universidade, Sullivan comezou a súa carreira como profesora de matemáticas e ciencias na escola secundaria en Cocoa Beach, Florida. En 1966 solicitou emprego na NASA e foi contratada como tecnóloga e enxeñeira aeroespacial.

Carreira na NASA Sullivan non foi contratado pola NASA nin tampouco solicitou un traballo de tempo completo, senón que primeiro solicitou un traballo de verán na NASA. Foi contratada na NASA en 1966 como a primeira muller enxeñeira en Operacións de Naves Espaciais. Na década de 1960, o 17 % do persoal da NASA eran mulleres, e a maioría desas mulleres eran secretarias. Foi a enxeñeira biomédica líder da misión Apolo 11 e a única muller que axudou a Neil Armstrong no laboratorio de traxes antes do lanzamento. Sullivan estaba na sala de control para o lanzamento de 1969, controlando os sistemas biomédicos; aínda que non puido ver o lanzamento, Sullivan comentou sobre o acontecemento "O meu asento retumbaba e sabías que algo poderoso estaba a suceder".

Como enxeñeira biomédica, Sullivan era responsable do mantemento dos dispositivos de telemetría médica que eran usados polos astronautas e de supervisar a telemetría deses instrumentos antes e durante o proceso de lanzamento. Sullivan verificaba o funcionamento dos instrumentos de telemetría médica pouco despois de que fosen conectados aos astronautas durante o proceso adaptación e de vestimenta. Máis adiante no voo, a responsabilidade desa telemetría trasladouse ao centro de Houston.

Sullivan foi citada nunha noticia da época dicindo:Os astronautas levan os nosos sensores adheridos aos seus corpos durante as principais probas das naves espaciais e durante o voo. Estes sensores controlan os latexos do seu corazón, realizan electrocardiogramas e controlan a frecuencia e a profundidade da respiración.

Durante as probas da nave espacial e os lanzamentos en vivo no KSC, un médico residente e eu, como enxeñeira biomédica, sentámonos nas consolas e supervisamos os datos biomédicos.

O médico avalía o estado físico do tripulante, e eu, o funcionamento do sistema biomédico.Sullivan sinalou que a súa era a única voz feminina nas canles de voz, polo que se cometía algún erro, todos saberían quen era o responsable, mentres que unha voz masculina podería non ser recoñecida.

Sullivan non tiña un título en enxeñaría, pero a política da NASA nese momento permitíalle ser clasificada segundo o seu expediente universitario. Graduarse entre o 20 % dos mellores da súa clase cun programa con moito contido en matemáticas permitiu un título de traballo de "Enxeñeira".

Despois do Apolo 11, mudouse a Ithaca, Nova York, co seu esposo e ensinou na escola secundaria mentres o seu esposo estudaba en Cornell. Máis tarde, a parella mudouse coa súa familia a Pensilvania, onde ela traballou como mestra e tecnóloga de alimentos para Kraft. Sullivan está orgullosa dos seus logros coa NASA e continúa animando as mozas a dedicarse aos campos da ciencia, as matemáticas e a enxeñaría.

O 19 de xullo de 2019, Our Daily Planet declarou a Sullivan como a "Heroína da semana" polo seu papel na NASA e por alentar as mulleres novas a seguir carreiras en tecnoloxía e ciencia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lorenzo, Nieves; Calvo, Encina (18 de abril de 2020). «Ellas nos llevaron a la Luna». Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social 0 (4): 61-68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764

Elas, levarónnos ao espazo. 2022 ISBN: 978-84-8158-952-8

Outros artigos

Mulleres na NASA

Ligazóns externas

Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa" Judy Sullivan, una más en la sala de control de la NASA no blog Mujeres con Ciencia

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros aeroespaciais Categoría:Nados en 1943 Categoría:Persoal da NASA