The Book Thief é un filme xermano-estadounidense de 2013 dirixido por Brian Percival e protagonizado por Geoffrey Rush, Emily Watson e Sophie Nélisse. O filme baséase na novela homónima de 2005 escrita por Markus Zusak, e foi adaptada por Michael Petroni. Conta a historia dunha nena que vive coa súa familia adoptiva durante a Alemaña nazi. Logo de aprender a ler grazas ó seu novo pai, a nena comeza a "tomar prestados" libros que comparte co refuxiado xudeu que se agocha na casa dos seus pais. A banda sonora foi composta por John Williams.

The Book Thief estreouse no Festival de Cinema de Mill Valley o 31 de outubro de 2013, e nos cinemas dos Estados Unidos o 8 de novembro de 2013. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, con eloxios á súa "fresca perspectiva da guerra" e o seu foco no "consistente fío de humanidade" durante a historia, mais outros críticos salientaron a "narrativa ilusoria" do filme. Cun orzamento de 19 millóns de dólares, o filme foi un éxito de recadación, conseguindo máis de 76 millóns de dólares.

The Book Thief recibiu nomeamentos ós Óscar, Globos de Ouro e BAFTA pola súa banda sonora. Pola súa interpretación no filme, Sophie Nélisse gañou o Premio Spotlight no Festival de Cinema de Hollywood, o Premio Newcomer Satellite e o Premio da Sociedade de Críticos de Cinema de Phoenix. O filme estreouse en Blu-ray e DVD o 11 de marzo de 2014.

Personaxes

Geoffrey Rush como Hans Hubermann Sophie Nélisse como Liesel Meminger Emily Watson como Rosa Hubermann Nico Liersch como Rudy Steiner Ben Schnetzer como Max Vanderburg Heike Makatsch como a nai de Liesel Barbara Auer como Ilsa Hermann Roger Allam como a morte Sandra Nedeleff como Sarah Hildegard Schroedter como Frau Becker Rafael Gareisen como Walter Kugler Gotthard Lange como o enterrador Godehard Giese como policía no tren Oliver Stokowski como Alex Steiner Levin Liam como Franz Deutscher Carina Wiese como Barbara Steiner Julian Lehmann como Werner Meminger Martin Ontrop como Herr Lehman

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Brian Percival Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre nazis Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes sobre a Alemaña nazi Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes de 20th Century Fox