Miguel Barros Puente, nado en Cotobade (hoxe Cerdedo Cotobade) o 21 de novembro de 1944, é un mestre, político e escritor galego.

Traxectoria Miguel Barros é profesor de educación primaria, licenciado e doutor en ciencias políticas. En 2008 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O partido galeguista e a revisión do nacionalismo: Ramón Piñeiro 1943-1981, dirixida por Ramón Máiz. Foi un dos fundadores do Movemento de Mestres de Pontevedra, que espertou a mobilización social do maxisterio nos anos finais do franquismo. Foi militante do PSOE desde 1978 até 2006, e un dos líderes do sector galeguista do PSdeG; foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1993), concelleiro en Vigo e secretario comarcal de Vigo. En xuño de 2006 deixou o partido tras o seu afastamento da executiva do PSdeG e as discrepancias co grupo municipal socialista. Foi conselleiro delegado da empresa editora de Xornal de Galicia (2010).Barros, novo conselleiro delegado de Xornal Nova aparecida o 23 de febreiro de 2010 Actualemente milita en Compromiso por Galicia, e foi o candidato deste partido á alcaldía de Vigo nas eleccións de 2015. Obras Ensaio Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia. A Nosa Terra, 2005. Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo. Galaxia, 2009. Premio da Crítica de Galicia. Memoria dunha experiencia asemblearia. Crónica e ideoloxía do movemento de mestres. Galaxia, 2019. 440 páxs. ISBN 978-84-9151-395-7. Sobre Vilanova de Alba. Ensaio de crítica literaria (2025). Laiovento. 140 páxs. ISBN 978-84-8487-737-0. Análise das tres obras de Víctor F. Freixanes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista con Miguel Barros, aparecida en Xornal de Galicia o 12 de outubro de 2009.

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1944 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia