Acontecementos 13 de marzo - Inicio do pontificado de Fiz III (até 492). Fracaso da tentativa para depor o emperador de Bizancio, Zenón, en favor do xeneral Leoncio (Leontius). Na intriga figuran implicados o xeneral Illus e a sogra de Zenón, Verina. O motivo do movemento aduce as inclinacións a prol do monofisismo, de Zenón. O emperador bizantino, Zenón, pecha a escola nestoriana de Edesa. O clero nestoriano fundará unha igrexa nacional en Ctesifonte, capital da Persia dos sasánidas.

Nacementos

11 de maio - Xustiniano I, emperador romano de Oriente.

Mortes 10 de marzo - Simplicio, papa.

Véxase tamén

Historia ano a ano

Categoría:483