Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 10.182 habitantes no ano 2025, dos que 5.236 eran mulleres e 4.946 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 10.406 veciños, e 2010, cando eran 10.692.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «» ou «».
Poboación
Fonte: Instituto Nacional de Estadística 1857-2011
Historia miniatura|esquerda|200px|Estatua de Julio Camba.
Atópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai unha ponte romana coñecida como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.
A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conserva a torre do campanario.Elemento que se reflicte no escudo do concello. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.
No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.
Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro.
Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre citar os sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738 e foi levantado por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.
No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.
Recursos Vilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas . A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e importante fonte de riqueza.
Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a Idade Media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.
Cultura Arquitectura Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico. Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior. Pazo da rúa Nova en András. Torre de Miranda, en Caleiro. Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).
Vilanova na literatura popular Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira O Monte Lobeira está situado na parroquia de András. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.. As mozas de Vilanova/ dicen que non beben viño/ e debaixo do mantelo/ levan o xarro escondido Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177..
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Vilanova de Arousa Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía . Historia municipal de Vilanova de Arousa, 1835-1945, 2007. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-294-7. Outros artigos Danza do abellón Ligazóns externas Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán , dedicada a investigación da vida e obra de Valle-Inclán. Concello de Vilanova de Arousa.
Categoría:Vilanova de Arousa