Rodolfo Dirzo Minjarez, nado en Cuernavaca, México, o 26 de xuño de 1951, é un profesor de bioloxía, conservacionista, ecoloxista, divulgador da ciencia e investigador mexicano
Traxectoria Nacido en Cuernavaca, Morelos, México. Na preparatoria descubriu que a bioloxía o apaixonaba e a posibilidade de estar na natureza atraíalle moitísimo. Foi no seu último ano da carreira cando cursou botánica IV, na que se estudan as plantas desde a perspectiva da ecoloxía e a evolución, o que o levou a desenvolver a súa vida académica cara a área das plantas.
É egresado da licenciatura de bioloxía da Universidade Autónoma do Estado de Morelos, onde elaborou a súa tese de licenciatura baixo a supervisión do botánico mexicano Francisco González Medrano, na que analizou o estado de conservación dos bosques da conca do río Balsas. Obtivo o seu título universitario en 1972. Ao finalizar a súa licenciatura introduciuse, como técnico académico, no laboratorio do Dr. José Sarukhán, na UNAM. Posteriormente, levou a cabo a súa mestría (1977) e doutoramento (1980) na Universidade de Gales, Gran Bretaña, estudando a ecoloxía evolutiva da relación entre plantas e animais, baixo o control do profesor John L. Harper.
No seu retorno a México sumouse novamente á UNAM, onde foi investigador no Instituto de Biología e Instituto de Ecología; así como tamén, Director da Estación Biolóxica Los Tuxtlas; Xefe do Departamento de Ecoloxía Evolutiva; e Coordinador do Posgrao no Instituto de Ecología. O seu traballo en Los Tuxtlas colaborou á declaración da Reserva da Biosfera de Los Tuxtlas. Desde 2005 é profesor no Departamento de Bioloxía da Universidade Stanford, onde tamén foi Director do Centro de Estudios Latinoamericanos. É membro das xuntas de organismos como o Grupo de traballo sobre enfermidades zoonóticas da Unión Internacional de Ciencias Biolóxicas e o Stanford Biology Diversity Equity and Inclusion, entre outros. É membro da Academia Mexicana de Ciencias (2003), membro estranxeiro da Academia Estadounidense de Artes e Ciencias (2004) e da Academia de Ciencias de California (2008).
Liñas de investigación Enfocou o seu traballo nas consecuencias do impacto antropoxénico en ecosistemas tropicais, principalmente en temas de deforestación, fragmentación, perda de fauna e; en termos de perturbación de procesos ecolóxicos, as interaccións bióticas.
Da mesma maneira, dita cursos de Conservación Biolóxica e Ecoloxía en Stanford; e de Diversidade Biocultural, este último lévase a cabo en Oaxaca, en colaboración coa UNAM, CONABIO e a Universidade da Sierra Juárez. Ademais, realiza traballo comunitario e internacional e mantén programas educativos en ciencias, dirixidos a estudantes de grupos minoritarios, de familias de inmigrantes en California.
Publicacións Dirzo realizou distintas investigacións sobre a relevancia da conservación biolóxica e extinción masiva, temas sobre os que escribiu 260 publicacións incluíndo artigos especializados, capítulos de libros e libros editados. Así mesmo, as súas publicacións máis recentes abordan o impacto humano sobre biodiversidade e recibiron ampla cobertura nos medios a nivel internacional.
Riquezas Naturales de México. 2016. Marco para la educación científica K-12: prácticas, conceptos transversales e ideas centrales. The National Academy Press., Washington, DC. 2012. Conservación biológica: perspectivas desde América Latina. 2011. Bosques tropicales estacionalmente secos: Ecología y Conservación. 2011. Biodiversidad en América Latina y el Caribe. 2010. Diversidad, amenazas y áreas prioritarias para la conservación de las selvas secas del Pacífico de México. 2010. Historia Natural de la Reserva de la Biosfera El Cielo. 2005 Fundamentos de conservación biológica. 2001. Historia Natural de Los Tuxtlas. 1997. Bosques tropicales: biodiversidad y funcionamiento de los ecosistemas. 1996. Reservas de la Biosfera y otras Áreas Naturales Protegidas de México. 1995. México Ante los Retos de la Biodiversidad. 1992. Ecología y Ecofisiología de Plantas en los Bosques Mesoamericanos. 1987. (Eds.). Insectos y Plantas: Protagonistas de una Historia de la Vida. 1986. Perspectivas sobre ecología de poblaciones vegetales. 1984. (Eds.).
Recoñecementos Pew Scholar: Conservación, The Pew Charitable Trust (1992) Premio ó Servizo Destacado: Docencia, Organización de Estudios Tropicales (2002) Premio Presidencial de Ecología, Secretaría de Medio Ambiente, México (2003) Medalla de Honor en Ciencia, Congreso do Estado, Morelos, México (2015) Mérito en Ecoloxía (Investigación), Sociedad Ecológica de México (2015) Premio Miriam Arnold Rollan de servizo comunitario, Universidade Stanford (2016) Medalla Alfonso L. Herrera: Científico distinguido, Universidade Autónoma de Puebla, México (2017) Medalla ó Mérito en Investigación e Educación, Asociación Internacional de Biología Tropical (ATBC) (2017) Medalla Presidente Miguel Alemán pola súa destacada labor en ecoloxía e problemas ambientais, Cidade de México (2017) Medalla Luis Cifuentes, Federación Mexicana de Biólogos, Área de Investigación Puerto Vallarta, México (2020)
Notas
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados no estado de Morelos Categoría:Profesores Categoría:Ecoloxistas de México