Ana Martínez de Luco, nada no País Vasco en 1960, é unha monxa española, fundadora do centro de reciclaxe sen ánimo de lucro Sure We Can en Nova York (Estados Unidos). miniatura|250x250px| Centro de reciclaxe Sure We Can (Brooklyn, Nova York - 2019).
Traxectoria Martínez naceu no País Vasco e converteuse en monxa aos 19 anos. Pertence á organización das Irmás para a Comunidade Cristiá. En 2004, mudouse a Nova York e, tres anos despois, en 2007, fundou en Brooklyn o centro de reciclaxe Sure We Can. Este lugar é o único centro de reciclaxe sen ánimo de lucro da cidade de Nova York. En 2016, Martínez renunciou ao seu posto de dirección da ONG Sure We Can.
Un dos obxectivos de Martínez é a creación de traballo digno para as persoas que se dedican á reciclaxe entre os que se inclúen inmigrantes, discapacitados, anciáns e persoas sen fogar. Dirixe talleres, ensinando á xente sobre cooperativas de traballadores.
Notas
Categoría:Ecoloxistas de España Categoría:Nados en Legutio Categoría:Nados en 1960