Carme Elias i Boada, nada en Barcelona o 14 de xaneiro de 1951, é unha actriz catalá.

Traxectoria Carme Elías estudou no Institut del Teatre de Barcelona con profesores como Albert Boadella, Hermann Bonnin ou Fabià Puigserver e completou a súa formación artística na escola de Lee Strasberg de Nova York.

En 1974 comezou a súa carreira teatral con La señorita Julia, de Adolfo Marsillach, destacando notablemente na escena catalá con Terra baixa, de Àngel Guimerà. Debutou no cinema con L'orgia, de Francesc Bellmunt, e a súa popularidade creceu grazas á televisión: en 1983 interveu na serie Anillos de oro, de Pedro Masó, un ano despois no programa Y sin embargo... te quiero e en 1986 protagonizou Turno de oficio, dirixida por Antonio Mercero. En 2013 actuou en Fum, dirixida por Josep Maria Miró Coromina.

Tamén asumiu papeis salientables en filmes como Stico (Jaime de Armiñán, 1985), El rey pasmado (Imanol Uribe, 1991), La flor de mi secreto (Pedro Almodóvar, 1995), Os aires difíciles (Gerardo Herrero, 2006) e Camino (Javier Fesser, 2008), polo que gañou o premios Goya á mellor actriz.Vídeo: Josep Cuní entrevista l'actriu catalana Carme Elias, premi Goya 2009 (TV3)

Paralelamente, realizou labores de dobraxe de actrices como Nastassja Kinski, Daryl Hannah, Sigourney Weaver ou Demi Moore.

En 2008 volveu á televisión de ámbito estatal coa serie Herederos, protagonizada por Concha Velasco. En 2016 participou en dous capítulos da segunda temporada da serie Cites de TV3. En 2018 interveu na obra de teatro Temps salvatge, de Josep Maria Miró i Coromina e en 2019 dirixiuna Guido Torlonia en Què va passar amb Bette Davis i Joan Crawford?, xunto a Vicky Peña.

Recoñecementos En 2019, Acadèmia del Cinema Català nomeouna membro de honra e en 2021 recibiu o premio Gaudí d'Honor. En decembro de 2022, foille outorgada a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.

Filmografía 1978. L'orgia, de Francesc Bellmunt 1982. Luis y Virginia, de Jaime Chávarri 1982. Entre parèntesis, de S. Fàbregas 1983. Victòria, la gran aventura d'un poble, de A. Ribas 1985. Stico, de Jaime de Armiñan 1986. Puzle, de L. J. Comeron. 1988. Massa vell per a morir jove, de Isabel Coixet 1989. El pont de Varsòvia, de Pere Portabella 1990. Capità Escalaborn, de Carles Benpar 1991. El rey pasmado, de Imanol Uribe 1993. Els de davant, de J. Garay 1993. Caramboles, de J. Font 1994. Los peores años de nuestra vida, de Emilio Martínez-Lázaro 1995. La flor de mi secreto, de Pedro Almodóvar 1996. Pesadilla por un rico, de Fernando Fernán-Gómez 1997. En brazos de la mujer madura, de M. Lombardero 1997. La vida privada, de V. Pérez 1998. Manos de seda, de C. Martínez Herrada 1999. No respires (el amor no está en el aire), de J. Potau 2000. Morir (o no), de Ventura Pons 2002. Bestiario, de V. Pérez Herrero 2003. Haz conmigo lo que quieras, de R. de España 2004. Sévigné, de M. Balletbó 2006. Oa aires difíciles, de Gerardo Herrero 2008. Camino, de Javier Fresser 2010. Planes para mañana, de Juana Macías 2011. ¿Estás ahí?, de Roberto Santiago 2012. Tengo ganas de ti, de Fernando González Molina 2013. La distància més llarga. Dirigida per Claudia Pinto 2018. Quién te cantará, de Carlos Vermut 2019. Las consecuencias, de Claudia Pinto

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en ADN.es (16/08/2008) Entrevista en El Mundo (13/10/2008)

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1951 Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Actores de voz de Cataluña