Gangster Squad, brigada de elite (en ) é un filme estadounidense de 2013 dirixido por Ruben Fleischer, escrito por Will Beall e protagonizado por Josh Brolin, Ryan Gosling, Nick Nolte, Emma Stone, Anthony Mackie, Giovanni Ribisi, Robert Patrick, Michael Peña e Sean Penn. Ambienado en 1949, o argumento presenta unha versión ficticia dos oficiais e detectives da policía dos Ánxeles, chamados Gangster Squad, que tentan manter a salvo a cidade dos Ánxeles de Mickey Cohen e a súa banda.

Logo de que o guión pasase varios anos sen proxecto, a produción do filme comezou en setembro de 2011, rematando en decembro dese ano. A súa estrea estaba prevista para o 7 de setembro de 2012, mais por mor do tiroteo de Aurora de 2021, en Colorado, Warner Bros. atrasou a data de estrea até o 11 de xaneiro de 2013 para acomodar as novas filmacións, que tiveron lugar en agosto de 2012. Gangster Squad, brigada de elite recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou o elenco e os valores de produción, mais criticou os personaxes escasamente desenvolvidos. O filme recadou 105 millóns de dólares en todo o mundo.

Estreouse en galego o 27 de febreiro de 2016 na TVG.

Personaxes

Josh Brolin como Sarxento John O'Mara. Ryan Gosling como Sarxento Jerry Wooters Sean Penn como Mickey Cohen Nick Nolte como xefe Bill Parker Emma Stone como Grace Faraday Anthony Mackie como Tenente Coleman Harris Giovanni Ribisi como oficial Conwell Keeler Michael Peña como oficial Navidad Ramirez Robert Patrick como oficial Max Kennard Mireille Enos como Connie O'Mara Troy Garity como Wrevock Holt McCallany como Karl Lennox Sullivan Stapleton como Jack Whalen James Carpinello como Johnny Stompanato James Hébert como Mitch Racine Evan Jones como Neddy Herbert Josh Pence como oficial Daryl Gates John Aylward como xuíz Carter Jack Conley como Eugene W. Biscailuz Jack McGee como Tenente Quincannon Jon Polito como Jack Dragna Wade Williams como Rourke Ambyr Childers como loira Mick Betancourt como Detective Sarxento Will Hendricks Mac Brandt como Bruiser Brandon Molale como Jimmy "Bockscar" Knox Michael Papajohn como Mike "The Flea" Jeff Wolfe como Giovanni Vacarezza Anthony Molinari como Lorenzo Molinari Austin Highsmith como Patty Neil Koppel como Max Solomon Austin Abrams como Pete Lucy Davenport como cantante de Slapsy Maxie Dennis Cockrum as Elmer Jackson Haley Strode como muller de Keeler Maxwell Perry Cotton como fillo de Keeler Frank Grillo como Jimmy Reagan Lucy Walsh como manicurista

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ruben Fleischer Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en 1949 Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego