José Joaquim Rodrigues, nado en Luanda o 28 de outubro de 1936 e finado no Porto, o 10 de setembro de 2016, foi un artista plástico portugués.

Traxectoria Realizou os seus estudos artísticos na Escola Superior de Belas-Artes do Porto, onde completou o curso de Escultura. En 1968, con Armando Alves, Ângelo de Sousa e Jorge Pinheiro formou o grupo Os Quatro Vintes.

Foi un dos fundadores da Cooperativa Cultural Árvore, en Porto, e un dos promotores da Bienal de Vila Nova de Cerveira.

Entre as súas obras máis coñecidas destacan o Cubo da Praça da Ribeira, no Porto, e o Monumento ao Empresário, na Avenida da Boavista.

A 9 de xuño de 1994, foi agraciado co grao de Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.

Fundação José Rodrigues Adquiriu e recuperou unha antiga fábrica de sombreiros - a Fábrica Social -, situada na parroquia de Santo Ildefonso, no Porto, lugar que foi o seu estudo durante vinte anos, para instalar a fundación co seu nome. O edificio integra obradoiros, salas de exposicións, permanentes e temporais, e un auditorio.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web da Fundación José Rodrigues Entrevista no xornal «A Página da Educação», 2001 Artigo de Pedro Rios: «Artes: Fundação José Rodrigues vai nascer no coração do Porto» Ficha como antigo estudante na Escola Superior de Belas Artes do Porto Ficha de premios na Escola Superior de Belas Artes do Porto

Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Luanda