O río Vipava (en esloveno; Vipacco en italiano e Wipbach / Wippach en alemán) é un río que percorre o oeste de Eslovenia e o nordeste de Italia. Ten unha lonxitude de 49 quilómetros dos que 45 transcorren en Eslovenia.
Xeografía Nace no Monte San Lorenzo (Eslovenia) a partir de seis mananciais, en Ivančna Gorica, cruza a meseta do Kras (ou Carso) e, ao entrar en Italia, desemboca no Isonzo (ou Soča en esloveno) co concello de Savogna d'Isonzo. O seu val é coñecido polo cultivo de árbores froiteiras e videiras e, na antigüidade, representaba unha importante vía de comunicación a Liubliana e a todo o val do Danubio.
A súa conca é de 760 km² e un caudal medio de 17,31 m3/s (en 1971-2000). O seu réxime é pluvio-nival no curso superior e pluvial no inferior.
Historia No ano 394, nos arredores do río produciuse a denominada batalla do río Frigidus (do latín, Frigidus, é dicir "frío) entre os partidarios de Teodosio e os do usurpador Uxío.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Batalla do río Frigidus
Categoría:Ríos de Eslovenia Categoría:Ríos de Italia