Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago é un ensaio da doutora en Bioloxía, investigadora en estudos de xénero e actriz galega Xoana Pintos Barral publicado en 2021 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.

Este traballo ten coma orixe a súa tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais da Universidade de Santiago : 1910-1960, e no libro fala dalgunhas destas primeiras científicas (Eugenia Pereira, Paz Parada, Olimpia Valencia, Elisa Díaz, Inmaculada Paz Andrade...), os atrancos que padeceron e os seus éxitos. Segundo a autora ″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presentación do Libro "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros" no Museo de Historia Natural da USC.

Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:2021