Soiuz TMA-09M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 28 de maio de 2013 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-09M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Karen Nyberg, Luca Parmitano e Fiodor Iurchikhin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1) e regresou o 11 de novembro de 2013 ás 2:49 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-09M estaba formada por Richard Mastracchio, Mikhail Tiurin e Koichi Wakata.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Notas

Categoría:Programa Soiuz