Soiuz TMA-11M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 7 de novembro de 2013 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-11M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Richard Mastracchio, Mikhail Tiurin e Koichi Wakata a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1) e regresou o 14 de maio de 2014 ás 1:58 GMT. Na nave ía o facho olímpico dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que tiveron lugar en Sochi (Rusia).
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-11M estaba formada por Alexander Gerst, Maksim Suraiev e Gregory Wiseman.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz