Soiuz TMA-12 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 8 de abril de 2008 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-12 foi lanzada cos cosmonautas Oleg Kononenko, Sergei Volkov e Yi Soyeon a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Pirs para unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-124, STS-126 e Soiuz TMA-13 e dos cargueiros Progress M-64, Progress M-01M e Progress M-65. A nave regresou con Konenko, Volkov e o turista espacial Richard Garriott a bordo o 19 de abril de 2008. Yi regresaría na Soiuz TMA-11.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Notas

Categoría:Programa Soiuz