Soiuz TMA-14M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de setembro de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-14M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. Serova converteuse na cuarta muller rusa no espazo e a primeira desde 1997. Unha vez en órbita o panel solar do lado de babor da nave Soiuz non se despregou, pero iso non dificultou o acoplamento coa estación espacial, que tivo lugar co módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2). Regresou o 12 de marzo de 2015 ás 2:08 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-14M estaba formada por Scott Kelly, Gennadi Padalka e Mikhail Kornienko.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz