BoJack Horseman é unha serie estadounidense de animación de comedia e drama creada por Raphael Bob-Waksberg. Está protagonizada polas voces de Will Arnett, Amy Sedaris, Alison Brie, Paul F. Tompkins e Aaron Paul. Ambientada principalmente en Hollywood, a serie conta a historia dun cabalo antropomórfico chamado BoJack Horseman (Arnett), que foi unha estrela de televisión na década de 1990 e quere volver ser famoso cunha autobiografía escrita por unha escritora pantasma, Diane Nguyen (Brie). Ó mesmo tempo, Horseman ten lidar coa súa axente Princess Carolyn (Sedaris), o seu compañeiro de piso Todd Chavez (Paul), e o seu antigo rival Mr. Peanutbutter (Tompkins), así como cos seus problemas coa depresión e coas adiccións. A serie foi deseñada por Lisa Hanawalt, que foi amiga de Bob-Waksberg dende o instituto e traballara con el dende o webcomic Tip Me Over, Pour Me Out.
Personaxes Will Arnett como BoJack Horseman Alison Brie como Diane Nguyen Paul F. Tompkins como Mr. Peanutbutter Aaron Paul como Todd Chavez Amy Sedaris como Princess Carolyn
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América