Soiuz TMA-13 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 12 de outubro de 2008 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-13 foi lanzada cos cosmonautas Michael Fincke, Richard Garriott (como turista espacial) e Iuri Lonchakov a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Zvezda para unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-119 e Soiuz TMA-14 e dos cargueiros Progress M-66 e Progress M-02M. A nave regresou o 8 de abril de 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz