Soiuz TMA-19M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de decembro de 2015 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-19M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Timothy Kopra, Iuri Malenchenko e Timothy Peake a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo Rassvet e regresou o 18 de xuño de 2016 ás 9:15 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-19M estaba formada por Anatoli Ivanishin, Takuya Onishi e Kathleen Rubins.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz