Agustín Suárez Miramontes, nado na Coruña en 1926 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1987, foi un futbolista galego, que xogaba como extremo esquerdo.

Era irmán dos tamén futbolistas Pepiño e Luis Suárez, este último considerado o mellor futbolista galego da historia.

Traxectoria Naceu na avenida de Hércules do barrio coruñés de Monte Alto, onde os seus pais, María Miramontes González e Agustín Suárez López, rexentaban unha carnizaría. Interesouse dende neno polo fútbol, deporte que tamén practicaba o seu irmán máis vello, José.

Xogou no Deportivo Ciudad ata 1945, cando pasou ao Xuvenil. Militou no equipo de Rodrigo durante tres tempadas, logrando o ascenso á Terceira División e formando habitualmente na dianteira titular xunto a xogadores como Díez, Otero ou Belchite. Na tempada 1948/49 fichou pola Orensana, coa que logrou ese ano o ascenso á Segunda División. A continuación volveu ao Xuvenil e na tempada 1950/51 fichou pola Cultural Leonesa, da Terceira División, no que permaneceu só uns meses antes de regresar ao Xuvenil. Militou neste ata 1952, e formou dianteira entre outros con Juananco e Arsenio.

Persoal Casou en xullo de 1958 con Elena Babío Moscoso, na igrexa de Santiago da Coruña. Faleceu o 4 de maio de 1987, aos 60 anos de idade.

Notas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1987 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Xuvenil Categoría:Xogadores da UD Orensana Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa