Soiuz TMA-22 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 14 de novembro de 2011 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-22 foi lanzada cos cosmonautas Daniel Burbank, Anatoli Ivanishin e Anton Shkaplerov a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. A nave regresou o 27 de abril de 2012.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Joseph Acaba, Gennadi Padalka e Sergei Revin.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz