Soiuz TMA-4 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 19 de abril de 2004 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-4 foi lanzada cos cosmonautas Michael Fincke, Gennadi Padalka e André Kuipers a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-5 e dos cargueiros Progress M-49 e Progress M-50. A nave regresou o 24 de outubro de 2004 con Fincke, Padalka e Iuri Shargin.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz