San Andreas é un filme estadounidense de 2015 dirixido por Brad Peyton e escrito por Carlton Cuse, con Andre Fabrizio e Jeremy Passmore como os creadores da historia. Está protagonizado por Dwayne Johnson, Carla Gugino, Alexandra Daddario, Ioan Gruffudd, Archie Panjabi e Paul Giamatti. O argumento baséase nun terremoto causado pola falla de San Andreas que debasta a cidade dos Ánxeles e a área da baía de San Francisco.

A fotografía principal do filme comezou o 22 de abril de 2014 en Queensland, Australia, e trasladouse a San Francisco o 28 de xullo. O filme estreouse en todo o mundo en 2D e 3D o 29 de maio de 2015, recibindo valoracións dispares por parte dos críticos, que eloxiaron os efectos visuais e as interpretacións de Johnson e Gugino, mais criticaron o argumento e os personaxes. Recadou 474 millóns de dólares en todo o mundo.

Estreouse en galego o 10 de febreiro de 2021 na TVG. A directora de dobraxe foi Charo Pena.

Personaxes

Dwayne Johnson como Raymond "Ray" Gaines Voz da dobraxe galega de Gonzalo Faílde. Carla Gugino como Emma Gaines Voz da dobraxe galega de Marián Muíño. Alexandra Daddario como Blake Gaines Hugo Johnstone-Burt como Ben Taylor Art Parkinson como Ollie Taylor Ioan Gruffudd como Daniel Riddick Archie Panjabi como Serena Johnson Paul Giamatti como Dr. Lawrence Hayes Will Yun Lee como Dr. Kim Park Kylie Minogue como Susan Riddick Alec Utgoff como Alexi Todd Williams como Marcus Crowlings Marissa Neitling como Phoebe Matt Gerald como Harrison Rhodes Colton Haynes como Joby O'Leary Arabella Morton como Mallory Gaines Morgan Griffin como Natalie Julian Shaw como Stoner Joey Vieira como home no garaxe

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2015 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Brad Peyton Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2015 con versión en galego