Sara Soto Noya, nada en Santiago de Compostela en 1913 e finada en 2003, foi unha química galega e unha das primeiras docentes de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.Liste e Pintos
Traxectoria Sara Soto era filla de León Soto Armesto, médico da Mariña Mercante, e de Dolores Noya.
Estudou o bacharalato no instituto de Santiago e posteriormente realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias (Sección Química) de 1930 a 1935.Pintos (2016)
En 1935 figura como profesora axudante de clases prácticas na materia de Complementos de Física a proposta do catedrático Álvarez Zurimendi.
Tras casar vai vivir a Córdoba, onde colabora na farmacia familiar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Ligazóns externas
As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en Consello da Cultura Galega.
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2003