Ruth Selbmann Kummer, nada en Pforzheim (Alemaña) o 22 de xaneiro de 1899, foi unha das primeiras odontólogas de España.

Traxectoria O pai de Ruth Selbman estableceuse en Vilagarcía de Arousa a principios do século XX onde abriría unha clínica odontolóxica.

Ruth estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela dende 1924.Pintos (2016) Despois marchou a Madrid para licenciarse en odontoloxía na Universidade Central. Durante a súa estancia en Madrid residiu na Residencia de Señoritas. Posteriormente, foi a Alemaña para completar a súa formación e alí coñeceu ao seu marido que tamén era dentista.

En 1929 abriu unha clínica en Vilagarcía pero ao comezo da Guerra Civil marchou a Bolivia. En 1949 volveu a Vilagarcía onde traballou na súa clínica até 1980.

Tivo dous fillos: Ruth e Jorge. Jorge tivo unha clínica dental en Villagarcía, morreu o 21 de marzo de 2019.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Outros artigos

Irene Álvarez Veras María Coro Clavero Josefina Areses Pérez Alicia Fernández Calvete

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Odontólogos de Galicia