thumb|300px|Este vídeo amosa unha impresión artística do planeta orfo CFBDSIR J214947.2-040308.9. Un planeta interestelar (tamén denominado nómade, orfo , vagabundo, errante ou planeta sen sol) é un obxecto de masa planetaria que non orbita ó redor dunha estrela. Tales obxectos foron expulsados do sistema planetario no que se formaron ou nunca estiveron ligados gravitacionalmente a ningunha estrela ou anana marrón. A Vía Láctea por si soa podería ter miles de millóns a billóns de planetas interestelares, un rango que o próximo Telescopio espacial Nancy Grace Roman probablemente sexa capaz de estreitar.Neil deGrasse Tyson en Cosmos: A Spacetime Odyssey coma fai referencia o National Geographic "O equipo de investigación descubriu que a misión proporcionará un reconto de planetas interestelares que é polo menos será 10 veces máis preciso que as estimacións actuais, que van desde decenas de miles de millóns ata billóns dentro da nosa galaxia." https://scitechdaily.com/our-solar-system-may-be-unusual-rogue-planets-unveiled-with-nasas-roman-space-telescope/
Algúns obxectos de masa planetaria poden formarse dun xeito similar ás estrelas, e a Unión Astronómica Internacional propuxo que tales obxectos se chamen sub-ananas marróns.Working Group on Extrasolar Planets – Definition of a "Planet" Position Statement on the Definition of a "Planet" (IAU) Un posible exemplo é Cha 110913-773444, o cal podería ter sido expulsado dun sistema planetario e converterse nun planeta orfo, ou podería terse formado de xeito illado (coma se fose unha estrela) para converterse nunha sub-anana marrón.
Astrónomos que usaron o Observatorio Espacial Herschel e o Very Large Telescope para observar un obxecto moi novo de masa planetaria en flotación libre, OTS 44, demostraron que os procesos que caracterizan a unha estrela canónica como o modo de formación, aplícasen tamén a obxectos illados de ata algunhas masas de Xúpiter. As observacións no infravermello profundo feitas co telescopio Herschel demostraron que OTS 44 está rodeado por un disco de po de polo menos 10 masas terrestres e, polo tanto, podería formar un mini sistema planetario. As observacións espectroscópicas de OTS 44 co espectrógrafo SINFONI a bordo do Very Large Telescope revelaron que o disco está aglutinando activamente materia, de xeito similar ós discos das estrelas novas. En decembro do 2013, anunciouse o descubrimento dun candidato a lúa extrasolar pertencente a un planeta orfo.
En outubro de 2020 descubriuse OGLE-2016-BLG-1928, un planeta orfo de masa terrestre na nosa Vía Láctea.
Observación thumb|200px|Concepción artística dun planeta orfo do tamaño de Xupiter.
O astrofísico Takahiro Sumi da Universidade de Osaka no Xapón e os seus colegas, que forman partes do proxectos colaborativos coma o Microlensing Observations in Astrophysics e o Optical Gravitational Lensing Experiment, publicaron o seu estudo sobre microlentes grativacionais en 2011. Observaron 50 millóns de estrelas na Vía Láctea usando o telescopio MOA-II de 1,8 m. no Observatorio Mount John de Nova Celandia e o telescopio de 1,3 m. da Universidade de Varsovia no Observatorio Las Campanas de Chile. Atoparon 474 incidentes de microlente, dez dos cales foron o suficientemente pequenos como para ser planetas do tamaño de Xúpiter sen estrela asociada nas inmediacións. Os investigadores estimaron a partir das súas observacións que hai case dous planetas orfos de masa de Xúpiter por cada estrela da Vía Láctea.Homeless' Planets May Be Common in Our Galaxy por Jon Cartwright, Science Now, 18-05-2011, Accedido o 20-05-2011Planets that have no stars: New class of planets discovered, Physorg.com, 18-05-2011. Accedido en maio do 2011. Un estudo suxeriu un número moito maior, de ata 100.000 veces máis planetas orfos que estrelas na Vía Láctea, aínda que este estudo englobaba obxectos hipotéticos moito máis pequenos que Xúpiter. Un estudo do 2017 realizado por Przemek Mróz e os seus colegas do Observatorio da Universidade de Varsovia, con estatísticas seis veces maiores que o estudo de 2011, indican un límite superior para planetas orfos de masa semellante á de Xúpiter ou de órbita moi afastada, de 0,25 planetas por estrela na secuencia principal na Vía Láctea.
Entre os candidatos máis próximos inclúese a WISE 0855−0714 que está a unha distancia de 7,27 ± 0,13 al.
En setembro d0 2020, astrónomos que utilizaban técnicas de microlentes gravitacionais informaron sobre a detección, por primeira vez, dun planeta orfo de masa terrestre (chamado OGLE-2016-BLG-1928).
Sen sol, pero aínda quentes thumb|Impresión artística dun planeta orfo por A. Stelter|alt= Os planetas interestelares xeran algo calor e non son quentados por unha estrela. Non obstante, en 1998, David J. Stevenson teorizou que algúns obxectos de tamaño planetario á deriva no espazo interestelar poderían manter unha atmosfera espesa que non se conxelaría. Propuxo que estas atmosferas serían preservadas pola opacidade da presión inducida pola radiación no infravermello profundo nunha atmosfera espesa que contén hidróxeno.
Durante a formación do sistema planetario, varios pequenos corpos protoplanetarios poden ser expulsados do sistema. Un corpo expulsado recibiría moita menos luz ultravioleta xerada por uha estrela, a cal pode elimina-los elementos máis lixeiros da súa atmosfera. Incluso un corpo do tamaño da Terra tería a gravidade suficiente para evita-la fuga do hidróxeno e do helio na súa atmosfera. Nun obxecto do tamaño da Terra, a enerxía xeotérmica procedente da desintegración dos radioisótopos do núcleo podería manter unha temperatura superficial por encima do punto de fusión da auga, permitindo a existencia de océanos de auga líquida. É probable que estes planetas permanezan xeoloxicamente activos durante longos períodos. Se teñen magnetosfera protectora creada xeodinamicamente e vulcanismo no fondo mariño, as fontes hidrotermais poderían proporcionar enerxía necesaria para a vida. Estes corpos serían difíciles de detectar debido ás súas débiles emisións de radiación térmica por microondas, aínda que a radiación solar reflectida e as emisións térmicas de infravermello profundo poden ser detectables desde un obxecto a menos de 1.000 unidades astronómicas da Terra. Ó redor do cinco por cento dos planetas expulsados do tamaño da Terra con satélites naturais do tamaño da nosa Lúa, conservarían os seus satélites despois da expulsión. Un satélite de gran tamaño sería unha fonte significativa de calor xeolóxica.
Planetas interestelares e candidatos
A táboa de abaixo enumera planetas interestelares (confirmados ou candidatos a selo) que foron descubertos. Aínda non se sabe se estes planetas foron expulsados da órbita arredor dunha estrela ou se puideron formarse por si mesmos coma sub-ananas marróns. Descoñécense se os planetas orfos dunha masa moi baixa (como OGLE-2012-BLG-1323 e KMT-2019-BLG-2073) son capaces de formarse por si mesmos.
Planeta extrasolar Masa planetaria (Mx) Idade (Ma) Distancia (al) Status Descubrimento OTS 44 11.5~ 0.5–3 554 Semellante a unha anana marrón de pouca masa 1998 S Ori 52 2–8 1–5 1,150 Masa e idade incertas, podería ser unha anana marrón 2000 S Ori 70 2002 Cha 110913-773444 5–15 2~ 529 Candidato 2004 SIMP J013656.5+093347 11-13 200~ 20-22 Candidato 2006 UGPS J072227.51−054031.2 5–40 13 Masa descoñecida 2010 M10-4450 2–3 325 Candidato 2010 WISE 1828+2650472011 CFBDSIR 2149−0403 4–7 110–130 117–143 Candidato 2012 WISE 0535−7500472012 MOA-2011-BLG-262 4~ Semellante a unha anana vermella 2013 PSO J318.5−22 5.5–8 21–27 80 Confirmado 2013 2MASS J2208+2921 11–13 21–27 115 Candidato; precisase a velocidade radial 2014 WISE J1741-4642 4–21 23–130 Candidato 2014 WISE 0855−0714 3–10 >1,000 7.1 Idade incerta, pero antiga debido a un obxecto solar próximo; candidato incluso para ter unha idade de 12 Gigaanos (a idade do universo é de 13,7 Ga) 2014 2MASS J12074836–3900043 11–13 7–13 200 Candidato; precisase a distancia 2014 SIMP J2154–1055 9–11 30–50 63 Idade questionable 2014 SDSS J111010.01+011613.1 10–12 110–130 63 Confirmado 2015 2MASS J11193254–1137466 AB 4–8 7–13 ~90 Candidato 2016 WISEA 1147 5–13 7–13 ~100 Candidato 2016 OGLE-2012-BLG-1323 0.007245–0.07245 Candidato; precisase a distancia 2017 OGLE-2017-BLG-0560 1.9–20 Candidato; precisase a distancia 2017 MOA-2015-BLG-337L9.8523,156Podería ser unha anana marrón2018 KMT-2019-BLG-2073 0.19 Candidato; precisase a distancia 2020 OGLE-2016-BLG-1928 0.001-0.006 30,000-180,000 Candidato 2020WISE J0830+28374-13>1,00031.3-42.7Idade incerta, pero vella xa que uha velocidade alta (unha Vtan alta é indicativa dunha poboación estelar vella ), pode ser candidato se é ten menos de 10 Gigaanos2020OGLE-2019-BLG-05510.0242Pouca información detallada2020
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "Possibility of Life Sustaining Planets in Interstellar Space" Articulo de Stevenson semellante o da revista Nature pero con máis información. Outros artigos Obxecto interestelar Ligazóns externas Definition of a "Planet" (Resolución B5 - UAI) Strange New Worlds Could Make Miniature Solar Systems Robert Roy Britt (SPACE.com) 5 de xuño do 2006 11:35 am ET O proxecto de definición da UAI de "planeta" e "plutóns" edición de prensa release