Ginés Carballo Valcarce, coñecido como Xenxo Carballo, nado en Barcelona o 16 de febreiro de 1909 e finado en Pontevedra en febreiro de 1997,La Voz de Galicia, Pontevedra, 20-2-1997, p. l38. foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre en Cataluña nas escolas de Cornellà de Llobregat e Sant Joan Despí. Foi fundador do Centro Galego de Barcelona e participou no comité de apoio a Comisión Pro Autonomía Gallega. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno na zona rebelde e alistouse no exército franquista. En 1938 era xefe da oficina de prensa do Ministerio de Educación Nacional;El Progreso, 22-5-1938, p. 3. e ese mesmo ano foi enviado en viaxe oficial á Italia fascista, estancia da que deixou escritos nos que enxalza con entusiasmo a figura de Benito Mussolini. Rematou destinado en 1939 no Servicio de Defensa del Patrimonio Nacional con gradación de alférez. Chegou a exercer de profesor de italiano, reapareceu a finais dos anos 60 en Barcelona, volvendo utilizar o nome Xenxo Carballo. Implicouse en actividades do Centro Gallego e do Penedo-Fogar Galego, do que foi vicepresidente en 1987La Voz de Galicia, 29-5-1987, p. 18. e 1991,La Voz de Galicia, 23-7-1991, p. 22. desde un achegamento a Manuel Casado Nieto e Antonio Gómez-Reino. Retornou a Galicia en 1994.La Voz de Galicia, 5-8-1994, p. 31. En 1996 apareceu implicado nunha frustrada operación para formar un partido galeguista de dereitas deseñada por Enrique Marfany e Juan Fernández García.A Nosa Terra, 20-6-1996, p. 4.

Vida persoal

Casou en Barcelona con María Fernanda Rodríguez de las Heras en 1953.Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona, 6-7-1953, p. 3. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alexandre Calvo, campión ciclista en Galicia e líder galeguista en Barcelona

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1997