Carlos Tomé Alonso, nado en Vilalba o 26 de maio de 1908, foi un político galego.

Traxectoria miniatura|Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema. Emigrado a Cataluña, na Barcelona da guerra civil puxo en contacto a Suárez Picallo e Castelao con distintas organizacións nacionalistas catalás. Coa derrota da República pasou a Francia onde colaborou coa comisión formada en París de representantes da axuda arxentina ao refuxiados galegos da Central Gallega, do Comité Orensano leal e do Grupo Galeguista de Buenos Aires, formada por Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e Germán Vidal Barreiro, antes de ser internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Posteriormente logrou exiliarse en México. Viaxou no Ipanema dende Francia. Chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México formou parte dos impulsores da revista Saudade e posteriormente participou na creación de Vieiros. Implicouse na emisión radial “Hora de Galicia” animada polo Padroado da cultura galega de México.

Vida persoal

Casou con Amadora Tomé Menéndez, coa que se exiliou en México.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema Outros artigos Solidaridade Galega Antifeixista

Ligazóns externas

Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Alexandre Calvo, campión ciclista en Galicia e líder galeguista en Barcelona

Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1908