Andrés Valín Salvador, nado en Lugo o 13 de marzo de 1899 e finado en Cidade de México o 17 de novembro de 1976, foi un político galego.

Traxectoria miniatura|Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema. Naceu en Lugo o 13 de marzo de 1899.La Idea Moderna, 14-3-1899, p. 3. Emigrou a Cataluña e na República foi elixido vogal da directiva do Centro Cultural Gallego de Barcelona en 1932;La Vanguardia, 23-8-1932, p. 6. foi membro do Grupo Galeguista de Barcelona e en xuño de 1936 foi tesoureiro do Comité Gallego Pro Autonomía.La Vanguardia, 5-6-1936, p. 10. Durante a guerra traballou no Servizo de Información Especial Periférico (SIEP) ás ordes do coronel Manuel Estrada Manchón. Foi xefe da Sección de Evadidos Galegos da Subsecretaría de Propaganda da Generalitat. Ao rematar a guerra abandonou Barcelona e pasou a Francia. Foi internado no campo de concentración de Barcarès. Exiliouse en México, viaxou no Ipanema e chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México foi o administrador da revista Saudade e dirixente da Irmandade Galeguista na capital federal. Participou nas actividades políticas dos galeguistas exiliados en México e formou parte do Consello Executivo do Padroado da Cultura Galega do México, do que foi tesoureiro en 1953.

Vida persoal

Casou en Cidade de México con Margarita Maldonado Córdova en 1949.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema Outros artigos Solidaridade Galega Antifeixista

Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego Alexandre Calvo, campión ciclista en Galicia e líder galeguista en Barcelona

Categoría:Galegos de Cataluña

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1976